Condicións Xerais

Obxecto

As presentes Condicións Xerais de Uso, Política de Privacidade e Venta (en adiante, as “Condicións Xerais”) regulan o uso do sitio web www.olivardemoura.es (en adiante, o Sitio Web) que OLIVAR DE MOURA S.L., pon á disposición das persoas que accedan ao seu Sitio Web co fin de proporcionarlles información sobre produtos e servizos, propios e/ou de terceiros colaboradores, e facilitarlles o acceso aos mesmos, así como a contratación de servizos e bens por medio da mesma (todo denominado conxuntamente os “Servizos”).

OLIVAR DE MOURA S.L., con domicilio social en C/Iglesia 14, Merín · 15885, Vedra (A Coruña) , é unha sociedade de responsabilidade limitada española titular do presente Sitio Web cuxo uso se regula mediante este documento, con CIF número B15805179 e inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela ao Tomo 315, Libro 0, Folio 108, Hoja SC-27469, Inscripción 4ª. Para contactar con OLIVAR DE MOURA S.L., poder empregar a dirección de correo postal arriba indicada, así como a dirección de correo electrónico info@olivardemoura.com.

Pola propia natureza do Sitio Web, así como do seu contido e finalidade, a práctica totalidade da navegación que se pode levar a cabo polo mesmo, terá que facerse gozando da condición de Cliente, a cal se adquire según os procedementos recollidos na mesma. Polo tanto, a citada condición de Cliente supón a adhesión ás Condicións Xerais na versión publicada no momento en que se acceda ao Sitio Web. OLIVAR DE MOURA S.L. resérvase o dereito de modificar, en calquera momento, a presentación e configuración do Sitio Web, así como as presentes Condicións Xerais. Por iso, OLIVAR DE MOURA S.L. recomenda ao Cliente ler o mesmo atentamente cada vez que acceda ao Sitio Web.

En calquera caso, existen páxinas do Sitio Web accesibles ao público en xeral, respecto ás cales OLIVAR DE MOURA S.L. tamén desexa cumprir coas súas obrigas legais, así como regular o uso das mesmas. Neste sentido, os usuarios que accedan a estas partes do Sitio Web aceptan quedar sometidos, polo feito de acceder ás citadas páxinas, polos térmos e condicións recollidos nestas Condicións Xeraiss, na medida que isto lles poda ser de aplicación.

Por último, pola natureza propia do presente Sitio Web, é posible que se modifiquen ou inclúan cambios no contido das presentes Condicións Xerais. Por iso, o Cliente, así como outros usuarios que non gocen desta condición, quedan obrigados a acceder ás presentes Condicións Xerais cada vez que accedan ao Sitio Web, asumindo que lles serán de aplicación as condiciones correspondentes que se atopen vixentes no momento do seu acceso.

Acceso e Seguridade

O acceso aos Servizos require o rexistro previo dos usuarios, unha vez acepten as Condicións Xerais, pasando a ser considerados como Clientes.

O identificador do Cliente estará composto pola súa dirección de correo electrónico e un contrasinal. Para o acceso á conta propia do Cliente, será necesaria a inclusión deste identificador, así como dun contrasinal que deberá conter como mínimo 4 caracteres.

O uso do contrasinal é persoal e intransferible, non estando permitida a cesión, nin sequera temporal, a terceiros. En tal sentido, o Cliente comprométese a facer un uso dilixente e a manter en secreto a mesma, asumindo toda responsabilidade polas consecuencias da súa divulgación a terceiros.

No suposto de que o Cliente coñeza ou sospeite do uso da súa contrasinal por terceiros, deberá modificar a mesma de forma inmediata, no modo en que se recolle no Sitio Web.

Utilización Correcta dos Servizos

O Cliente obrígase a usar os Servizos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, a título meramente enunciativo e non limitativo, comprométese a absterse de:

  • empregar os Servizos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou ao orde público;
  • reproducir ou copiar, distribuir, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os Servizos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou isto resulte legalmente permitido;
  • realizar calquera acto que poda ser considerado unha vulneración de calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a OLIVAR DE MOURA S.L. ou a terceiros;
  • emplear os Servizos e, en particular, a información de calquera clase obtenida a través do Sitio Web para remitir publicidade, comunicacións con fins de venta directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluralidade de persoas con independencia da súa finalidade, así como de comercializar ou divulgar de calquera modo dita información;

O Cliente responderá dos danos e perxuizos de toda natureza que OLIVAR DE MOURA S.L. poda sofrer, con ocasión ou como consecuencia do incumplimento de calquera das obligacións anteriormente expostas así como calquera outra incluida nas presentes Condicións Xerais e/ou as impostas pola Lei en relación co uso do Sitio Web.

OLIVAR DE MOURA S.L. velará en todo momento polo respecto do ordeamento xurídico vixente, e estará lexitimada para interrumpir, á súa enteira discreción, o Servizo ou excluir ao Cliente do Sitio Web en caso de presunta comisión, completa ou incompleta, dalgún dos delitos ou faltas tipificados polo Código Penal vixente, ou en caso de observar calqueira conduta que a xuízo de OLIVAR DE MOURA S.L. resulte contraria a estas Condicións Xerais, as Condicións Xerais de Contratación que operan para este Sitio Web, a Lei, as normas establecidas por OLIVAR DE MOURA S.L. ou os seus colaboradores ou podan perturbar o bo funcionamento, imaxe, credibilidade e/ou prestixio de OLIVAR DE MOURA S.L. ou os seus colaboradores.

Dereitos de Propiedade

Todos os contidos do Sitio Web, tales como textos, gráficos, fotografías, logotipos, iconos, imaxes, así como o deseño gráfico, código fonte e software, son da exclusiva propiedade de OLIVAR DE MOURA S.L. ou de terceiros, cuxos dereitos ao respecto ostenta lexítimamente OLIVAR DE MOURA S.L., estando polo tanto protexidos pola lexislación nacional e internacional.

Queda estrictamente prohibido o uso de todos os elementos obxecto de propiedade industrial e intelectual con fins comerciais así como a súa distribución, modificación, alteración ou descompilación.

A infracción de calquera dos citados dereitos pode constituir unha vulneración das presentes disposicións, así como un delito castigado dacordo cos artigos 270 e seguintes do Código Penal.

Aqueles Clientes que envíen ao Sitio Web observacións, opinións ou comentarios por medio do servizo de correo electrónico ou por calquer outro medio, nos casos nos que pola natureza dos Servizos isto sexa posible, enténdese que autorizan a OLIVAR DE MOURA S.L. para a reproducción, distribución, comunicación pública, transformación, e o exercicio de calquer outro dereito de explotación, de tales observacións, opinións ou comentarios, por todo o tempo de protección de dereito de autor que esté previsto legalmente e sen limitación territorial. Asimesmo, enténdese que esta autorización faise a título gratuito.

As reclamacións que puideran interporse polos Clientes en relación con posibles incumplimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial sobre calquera dos Servizos deste Sitio Web deberán dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: info@olivardemoura.com.

Exclusión de Garantías e de Responsabilidade

Con independencia do establecido nas Condicións Xerais de Contratación relativas á contratación de bens recollidas no presente Sitio Web, OLIVAR DE MOURA S.L. non se fai responsable da veracidade, exactitude e calidade do presente Sitio Web, os seus servizos, información e materiais. Ditos servizos, información e materiais son presentados “tal cual” e son accesibles sen garantías de ningunha clase.

OLIVAR DE MOURA S.L. resérvase o dereito a interrumpir o acceso ao Sitio Web, así como a prestación de calquera ou de todos os Servizos que se prestan a través do mesmo en calquera momento e sen previo aviso, xa sexa por motivos técnicos, de seguridade, de control, de mantenemento, por fallos de suministro eléctrico ou por calquera outra causa xustificada.

En consecuencia, OLIVAR DE MOURA S.L. non garante a fiabilidade, a dispoñibilidade nin a continuidade do seu Sitio Web nin deos Servizos, polo que o uso dos mesmos por parte do Cliente levarase a cabo pola súa propia conta e risco, sen que, en ningún momento, podan esixirse responsabilidades a OLIVAR DE MOURA S.L. neste sentido.

OLIVAR DE MOURA S.L. non será responsable en caso de que existan interrupcións dos Servizos, demoras, errores, mal funcionamento do mesmo e, en xeral, demáis inconvintes que teñan a súa orixe en causas que escapan do control de OLIVAR DE MOURA S.L., e/ou debida a unha actuación dolosa ou culposa do Cliente e/ou teña por orixe causas de caso fortuito ou forza maior. Sen perxuizo do establecido no artigo 1105 del Código Civil, entenderasen incluidos no concepto de Forza Maior, ademáis, e aos efectos das presentes Condicións Xerais, todos aqueles acontecimentos acaecidos fóra do control de OLIVAR DE MOURA S.L., tales como: erros de terceiros, operadores ou compañías de servizos, actos de Goberno, falta de acceso a redes de terceiros, actos ou omisións das Autoridades Públicas, aqueles outros producidos como consecuencia de fenómenos naturais, apagóns, etc e o ataque de hackers ou terceiros especializados na seguridade ou integridade do sistema informático, sempre que OLIVAR DE MOURA S.L. adoptara as medidas de seguridade razoables dacordo co estado da técnica. En calquera caso, sexa cal sexa a súa causa, OLIVAR DE MOURA S.L. non asumirá responsabilidade algunha xa sexa por danos directos o indirectos, dano emerxente e/ou por lucro cesante.

OLIVAR DE MOURA S.L. exclúe calquera responsabilidade polos danos e perxuizos de toda natureza que podan deberse á falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos Servizos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición ou recibidos, obtidos ou aos que se accedera a través do Sitio Web así como polos Servizos prestados ou ofertados por terceiras persoas ou entidades. OLIVAR DE MOURA S.L. tratará na medida do posible de actualizar e rectificar aquela información aloxada no seu Sitio Web que non cumpra coas mínimas garantías de veracidade. Non obstante quedará exonerada de responsabilidade pola súa non actualización ou rectificación así como polos contidos e informacións vertidos na mesma. Neste sentido, OLIVAR DE MOURA S.L. non ten obriga de controlar e non controlar os contidos transmitidos, difundidos ou postos a disposición de terceiros polos Clientes ou colaboradores, salvo os supostos en que así o esixa a lexislación vixente ou cando sexa requerido por unha Autoridade Xudicial ou Administrativa competente.

De igual modo, OLIVAR DE MOURA S.L. exclúe calquera responsabilidade polos danos e perxuizos de toda clase que podan deberse á presenzaa de virus ou á presenza doutros elementos lesivos nos contidos que podan producir alteración nos sistemas informáticos así como nos documentos ou sistemas almacenados nos mesmos.

OLIVAR DE MOURA S.L. non se fai responsable polo uso que o Cliente realice dos Servizos do Sitio Web nin dos seus contrasinais, así como de calquera outro material do mesmo, infrinxindo os dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou calquera outro dereito de terceiros.

O Cliente obrígase a manter indemne a OLIVAR DE MOURA S.L., por calquera dano, perxuizo, sanción, gasto (incluíndo, sen limitación, honorarios de avogados) ou responsabilidade civil, administrativa ou de calquera otra índole, que puidera sofrer OLIVAR DE MOURA S.L. que garde relación co incumplimento ou cumplimento parcial ou defectuoso pola súa parte do establecido nas presentes Condicións Xerais ou na lexislación aplicable, e, en especial, en relación cas súas obligacións relativas á protección de datos de carácter persoal recollidas nas presentes condicións ou establecidas na LOPD e normativa de desenvolvemento.

Enlaces a outros Sitios Web

OLIVAR DE MOURA S.L. no garante nin asume ningún tipo de responsabilidade polos danos e perxuizos sofridos polo acceso a Servizos de terceiros a través de conexións, vínculos ou links dos sitios enlazados nin sobre a exactitude ou fiabilidade dos mesmos. A función dos enlaces que aparecen en OLIVAR DE MOURA S.L. é exclusivamente a de informar ao Cliente sobre a existencia doutras fontes de información en Internet, onde poderá ampliar os Servicios ofrecidos polo Portal. OLIVAR DE MOURA S.L. non será en ningún caso responsable do resultado obtido a través de ditos enlaces ou das consecuencias que se deriven do acceso polos Clientes aos mesmos. Estes Servizos de terceiros son proporcionados por éstos, polo que OLIVAR DE MOURA S.L. non pode controlar e non controla a licitude dos Servizos nin a súa calidade. En consecuencia, o Cliente debe extremar a prudencia na valoración e uso da información e servizos existentes nos contidos de terceiros.

Ley Aplicable e Xurisdicción

Para cantas cuestións interpretativas ou litixiosas que puideran plantexarse será de aplicación a lexislación española e en caso de controversia, ambas partes acordan someterse, con renuncia a calquera outro foro que puidera corresponderlle, á xurisdicción dos Xulgados e Tribunais daa cidade de Santiago de Compostela.