ENVÍOS

Prazos de envío

En Olivar de Moura preparamos os pedidos todos os venres para que salan a destino por mensaxería. Todos os pedidos rexistrados ata as 11:59h a.m. do venres entrarán dentro do prazo de envío desa mesma semana, en caso contrario enviaríanse o venres seguinte. Os pedidos enviaranse por mensaxería e se entregarán nun prazo de 24/48 horas (días laborais).

Onde podo recibir os meus pedidos?

Os teus pedidos serán enviados á dirección de entrega que introduciches ao crear a túa conta, polo que é importante que poñas atención ao cubrir estes datos. Recorda que unha vez rexistrado, en “libreta de direccións” do apartado “a miña conta” podes engadir todas as direccións de entrega que desexes (ex. a túa oficina, a túa casa de verán, a casa de teus pais…) e seleccionar a que che interese ao realizar o teu pedido.

Enviamos a todos os destiños de España peninsular, excepto Ceuta, Melilla e Illas Canarias. Non facemos envíos a apartados de correos.

Que pasa se non recibo o meu pedido no prazo acordado?

ei por causas de forza maior nos resulta imposible facerte a entrega do pedido no prazo acordado, a empresa de mensaxería porase en contacto contigo para fixar unha nueva data. Contacta con nós para solventar esta incidencia a través do noso formulario de contacto ou no teléfono 981 503 356.

 

Tarifas de transporte tenda Olivar de Moura

Envíos á Península:

Importe            Precio IVE Incluido
Ata 25 € 5 euros
Máis de 25€ Portes gratis

 

DEVOLUCIÓNS

O Usuario-Comprador disporá dun prazo de catorce (14) días hábiles, según o calendario oficial do seu lugar de residencia, para resolver a compraventa sen incurrir en penalización nin gasto algún, incluidos os gastos correspondentes á devolución do ben.

O prazo de 14 días establecido no parágrafo anterior computarase a partir da recepción polo comprador dos bens mercados. En todo caso, entenderase que o comprador coñece o dereito de desistimento dende a entrada no Portal, que esixe a lectura e aceptación das presentes Condicións Xerais, e en todo caso dende o momento en que se efectúe o pedido.

As devolucións dos pedidos deberán remitirse ao domicilio social de OLIVAR DE MOURA, S.L. sito en C/Iglesia 14 Merín 15885 Vedra, A Coruña. Exercitado polo comprador o dereito de resolución, OLIVAR DE MOURA S.L. devolverá as cantidades recibidas mediante abono, sen retención algunha, inmediatamente e en ningún caso nun prazo superior a catorce días naturais dende a data en que OLIVAR DE MOURA, S.L. fora informado da decisión de desistimento do contrato por parte do usuario-comprador. Non obstante ao anterior, queda excluido o dereito de resolución (desistimento) en aqueles casos nos que pola natureza do contido das prestacións sexa imposible levalo a cabo, sen perxuizo da reclamación dos danos e perxuízos sofridos.

Nos casos nos que o comprador considere que o momento da entrega o produto non se axusta ao estipulado no Contrato, deberá poñerse en contacto con OLIVAR DE MOURA, S.L. de forma inmediata mediante chamada telefónica ao número 981 503 356, reservándose OLIVAR DE MOURA, S.L. o dereito a examinar detidamente o producto devolto e a comunicar ao comprador, dentro dun prazo razonable, se procede a devolución ou sustitución do mesmo. Se procedese, a devolución ou sustitución do artigo efectuarase o antes posible e, en calquera caso, dentro dos 14 días seguintes á data na que o usuario-comprador, puxo en coñecemento de OLIVAR DE MOURA, S.L., mediante chamada telefónica ao número 981 503 356, a súa disconformidade do produto co estipulado no Contrato.

As cantidades pagadas por aqueles produtos que sexan devoltos a causa dalgunha tara ou defecto, cando realmente exista, serán reembolsadas ao Usuario íntegramente, incluidos os gastos de entrega incurridos para entregarlle o artigo. A devolución efectuarase no mesmo medio de pago que se empregou para pagar a compra. Quedan a salvo os dereitos recoñecidos pola lexislación vixente.