Conta a lenda…

As Mouras e a súa beleza enchen de inspiración Galicia e as súas terras, os seus ríos, os seus bosques… Hoxe en día son difíciles de ver pero se ti crees e elas pensan que o mereces, aínda podes contemplalas asollando o seu ouro nas augas dos ríos, fontes e regatos, lucindo os seus fermosos vestidos que hipnotizarán a todo aquel que as vexa, cos seus cabelos louros e as súas xoias. Nós nunca deixamos de crer.

Mentres agarda a un digno marido, merecedor de gobernar o reino, a moura lava e atusa os seus longos e dourados cabelos con peites de ouro cal namorada belida na fontana fría nas cantigas medievais. Compartirá as súas riquezas con ese home, ao que aínda sendo pretendente mostrará un tesouro e pedirá que elixa o que considere de máis valor.

Galeo, apostamos pola calidade

Calidade Premium

Apostamos pola calidade da materia prima e pola profesionalidade nos procesos de transformación da oliva nun aceite de oliva virxe extra Premium.

Extracción en Frío

Antepoñemos a calidade á cantidade, por iso a extracción do noso AOVE lévase a cabo en frío, o que nos otorga un aceite de oliva virxe extra da máis alta calidade.

Materia prima de calidade

Facemos un seguimento exhaustivo de todas as fases do ciclo do olivo para asegurarnos que se cumpren todas as condicións dos nosos estándares de calidade.
raiña mock (Mediano)
foto moura (Mediano)
carmiña y manolo mock_2 (Mediano)
carmiña y manolo mock (Mediano)

ACEITES SELECCIÓN

Os nosos aceites están elaborados a partir de olivas das variedades Arbequina e Cobransosa, plenamente adaptadas ao clima atlántico e que nos ofrecen un AOVE excepcional con matices que só se atopan nun aceite do Noroeste da Península Ibérica.

 

ARBEQUINA

O aceite de oliva virxe extra que se produce a partir da variedade de oliva Arbequina é doce e sen picor, aromático e afroitado. Ofrece unhas amplias posibilidades de uso na gastronomía. É ideal para iniciar aos nenos no consumo de aceite de oliva e perfecto para a elaboración de maionesas e repostería.

 

Cobransosa

O aceite de oliva virxe extra Cobransosa destaca pola súa calidade e característico sabor. Este aceite, complexo e moi equilibrado, caracterízase por un sabor intenso e picante, cun amargo lixeiro, aroma afroitado intenso, notas a herba fresca, a froita verde…

Esta variedade contén unha elevada cantidade de compostos beneficiosos para o organismo; maiores cantidades de flavonoides que outras variedades, antioxidantes como os polifenoles, que protexen fronte a enfermidades cardiovasculares e oleocantal, compoñente que aporta o matiz picante e que, ademáis de actuar como antiinflamatorio natural, está mostrando desempeñar unha función antiproliferativa das células tumorais.